DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 14 de agosto de 2006 Páx. 12.828

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 4 de agosto de 2006 pola que se dispón a renovación de vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a designación dos vogais dos consellos de Admi

nistración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das administracións públicas, entidades e organismos ás que representen aqueles.

Polo exposto, e vistas as propostas recibidas das devanditas institucións e entidades, e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

Renovar o nomeamento dos seguintes vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

-En representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa:

Carlos Oubiña Portas.

José Núñez Cores.

Amado Cascallar Meixús.

-En representación da Asociación de Consignatarios de Vilagarcía de Arousa:

Julio Antonio Carrasco Valdés.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA