DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 14 de agosto de 2006 Páx. 12.828

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 4 de agosto de 2006 pola que se dispón o nomeamento e a renovación de vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a designación dos vogais dos consellos de Administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das administracións públicas, entidades e organismos ás que representen aqueles.

Polo exposto, e vistas as propostas recibidas das devanditas institucións e entidades, e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

Primeiro.-Nomear a José Manuel Fernández Alvariño como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría, en representación da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra.

Segundo.-Renovar o nomeamento dos seguintes vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría.

-En representación da Administración xeral do Estado:

Juan Antonio Sardina Páramo.

-En representación do Concello de Redondela:

Xaime Rey Barreiro.

-En representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo:

José García Costas.

José Silveira Cañizares.

-En representación da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra:

Ramiro Gordejuela Aguilar.

-En representación da Asociación de Consignatarios da provincia de Pontevedra:

Bonifacio Logares Güenaga.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes