DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 14 de agosto de 2006 Páx. 12.827

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 4 de agosto de 2006 pola que se dispón o nomeamento e a renovación de vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a designación dos vogais dos consellos de Administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das administracións públicas, entidades e organismos ás que representen aqueles.

Polo exposto, e vistas as propostas recibidas das devanditas institucións e entidades, e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

Primeiro.-Nomear a Juan Carlos González Fernández como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación da Asociación Provincial de Consignatarios.

Segundo.-Renovar o nomeamento dos seguintes vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

-En representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña:

José Antonio Quiroga Piñeyro.

Gonzalo Ortiz Amor.

-En representación da Confederación Provincial de Empresarios da Coruña:

Antonio Fontenla Ramil.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes