DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 14 de agosto de 2006 Páx. 12.826

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 4 de agosto de 2006 pola que se dispón o cesamento de vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a separación dos vogais dos consellos de Administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ás que representen aqueles.

Polo exposto, e vista a proposta da Asociación Provincial de Consignatarios, e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O cesamento de Francisco Javier Santiáñez Orero como vogal do Consello de Administración da Auto

ridade Portuaria da Coruña, en representación da Asociación Provincial de Consignatarios, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes