DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 14 de agosto de 2006 Páx. 12.826

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 4 de agosto de 2006 pola que se dispón o cesamento de vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a separación dos vogais dos consellos de Administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ás que representen aqueles.

Polo exposto, e en exercicio das facultades que me foron atribuídas polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O cesamento de Francisco Carballal Lugrís como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría, en representación da Xunta de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes