DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 11 de agosto de 2006 Páx. 12.760

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2006, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se procede á publicación da relación definitiva de nenas/os admitidas/os para o curso 2006/2007 na escola infantil 0-3 Santa Mª do Campo de Ribadeo dependente da Vicepresidencia.

O 28 de abril de 2006 publicouse a Orde do 20 de abril de 2006 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Vicepresidencia para o curso 2006/2007.

Estudadas pola comisión de baremación todas as reclamacións presentadas e resoltas pola delegada provincial, procédese á publicación da relación definitiva de admitidas/os e da lista de espera coa puntuación obtida e a tarifa correspondente a cada caso.

Estas reclamacións enténdense resoltas coa publicación da lista definitiva, que se poderá consultar nas delegacións provinciais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, no DOG, na páxina web (http://vicepresidencia.xunta.es/familias) e nos respectivos centros.

As/os solicitantes admitidas/os, dispoñen dun prazo de 10 días a partir da publicación da admisión para confirmar a súa plaza, presentando certificado médico da/o nena/o nas delegacións provinciais desta vicepresidencia, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Se non se presentase a devandita documentación no prazo sinalado, terase por decaída a solicitude da praza, logo de resolución en tal sentido.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o vicepresidente da Igualdade e do Benestar, no prazo dun mes que comezará a contar o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 7 de agosto de 2006.

Branca Rodríguez Pazos

Delegada provincial de Lugo