O artigo 31.3º da Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, sinala que a consellería competente en materia de agricultura está autorizada para exercer as funcións dominicais sobre o fondo de terras segundo o establecido na lexislación patrimonial, sen prexuízo do informe previo da Consellería de Economía e Facenda para os actos de disposición sobre bens inmobles.
O Concello de Vedra solicitou a cesión en propiedade dun inmoble situado no seu termo municipal, o predio sobrante nº 703 da zona de concentración parcelaria de Santa Eulalia de Vedra, que pertence á Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do disposto no artigo 31 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.
Por orde da Consellería do Medio Rural do 9 de xuño de 2006 (DOG nº 131, do 7 de xullo) declarouse a alienabilidade do antedito inmoble.
A Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural tramitou o expediente de cesión de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Por todo o exposto, de conformidade coa proposta do conselleiro do Medio Rural e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de xullo de dous mil seis,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Acórdase a cesión en propiedade, a título gratuíto, a favor do Concello de Vedra do seguinte ben inmoble:
Predio nº 703 da zona de concentración parcelaria de Santa Eulalia de Vedra, concello de Vedra, terreo
dedicado a monte no sitio de Viñas de Niño, parroquia de Vedra, que ten unha superficie de 880 m, e estrema: norte, Francisco Javier Turnes Martínez (701) e Jesusa Cerqueira Parada (702), regato no medio; sur, camiño; leste, Irene Carbia Barco (704); oeste, Jesusa Cerqueira Parada (702), regato no medio. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela, tomo 1.343, libro 124, folio 13, predio nº 13.408.
Artigo 2º
A cesión en propiedade relacionada no artigo anterior queda sometida ás seguintes cláusulas:
a) O fin da cesión será a dedicación do inmoble á instalación dunha área recreativa para a piscina municipal.
b) A potestade de reversión que o artigo 87 do Regulamento para a execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega lle atribúe a esta Administración será aplicable no caso de non ser dedicada á finalidade última para a que foi solicitada esta cesión, a instalación dunha área recreativa para a piscina municipal.
c) A cesión formalizarase mediante escritura pública, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario, sendo os custos de outorgamento por conta do cesionario, así como os impostos derivados da transmisión, incluído se o houbese o de incremento de valor de terreos.
Disposición derradeira
A Consellería do Medio Rural, a través da Secretaría Xeral, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.
Santiago de Compostela, vinte e sete de xullo de dous mil seis.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
ALfredo Suárez Canal
Conselleiro do Medio Rural
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA