DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 10 de agosto de 2006 Páx. 12.691

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 8 de agosto de 2006 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada polos empregados da empresa Cespa, S.A., adxudicataria do servizo de limpeza dos portos e instalacións portuarias xestionados polo ente público Portos de Galicia na provincia de Pontevedra para o vindeiro día 11 de agosto e días seguintes.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece o dereito de folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses, aínda que limita o seu exercicio para garantir o mantemento dos servizos esenciais da comunidade.

O artigo 3 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, da Consellería de Presidencia e Administración Pública, polo que se ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da comunidade autónoma, faculta os conselleiros competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que mediante orde, e ante cada situación de folga, determinen o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para a fixación do persoal preciso para a súa prestación, oído o comité de folga.

Polo exposto, e tendo en conta que os servizos afectados por esta convocatoria de folga teñen en todo caso a consideración de servizos esenciais por afectar o mantemento de edificios, bens e instalacións públicas, oída a empresa Cespa, S.A. e o comité de folga, e consultados os servizos técnicos de Portos de Galicia, como órgano competente:

DISPOÑO:

Establecer os servizos mínimos que figuran no cadro anexo a esta orde, e que deberán ser observados no ámbito territorial dos portos e instalacións portuarias xestionadas polo ente público Portos de Galicia na provincia de Pontevedra durante a duración da folga.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2006.

Mª José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes

ANEXO

Relación de portos e instalacións portuarias dependentes de Portos de Galicia na provincia de Pontevedra incluídos nos servizos mínimos da folga

PORTO: CONCELLO

PONTECESURES: PONTECESURES

CARRIL: VILAGARCÍA DE AROUSA

VILAXOÁN: VILAGARCÍA DE AROUSA

AS SINAS: VILANOVA DE AROUSA

INST. DE CORÓN: VILANOVA DE AROUSA

A ILLA DE AROUSA (O XUFRE): A ILLA DE AROUSA

A ILLA DE AROUSA (O CABODEIRO): A ILLA DE AROUSA

VILANOVA DE AROUSA: VILANOVA DE AROUSA

INST. SAN MIGUEL DE DEIRO: VILANOVA DE AROUSA

TRAGOVE: CAMBADOS

SAN TOMÉ: CAMBADOS

O GROVE: O GROVE

MELOXO: O GROVE

A TOXA: O GROVE

SAN VICENTE (PEDRAS NEGRAS): O GROVE

PORTONOVO: SANXENXO

SANXENXO: SANXENXO

RAXÓ: POIO

INST. DE COVELO: POIO

COMBARRO: POIO

INST. DE CAMPELO: POIO

PONTEVEDRA (CORBACEIRAS): PONTEVEDRA

INST. DE AGUETE: MARIN

BUEU: BUEU

INST. DE BELUSO: BUEU

ALDÁN: CANGAS

VILARIÑO: CANGAS

CANGAS: CANGAS

MOAÑA: MOAÑA

MEIRA: MOAÑA

DOMAIO: MOAÑA

SANTO ADRÁN DE COBRES:VILABOA

SANTA CRISTINA GUNDIXE: VILABOA

ARCADE: SOUTOMAIOR

CESANTES: REDONDELA

CANIDO: VIGO

PANXÓN: NIGRÁN

BAIONA: BAIONA

SANTA MARTA: BAIONA

INST. SANTA MARÍA DE OIA: BAIONA

A GUARDA: A GUARDA

A PASAXE CAMPOSANCOS: A GUARDA

EMB. RÍO MIÑO GOIÁN: TOMIÑO

TUI: TUI