DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 08 de agosto de 2006 Páx. 12.530

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 19 de xullo de 2006 pola que se dispón o cesamento por petición propia de membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de emitir informe sobre todos os ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. Os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na comunidade autónoma polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro.

A Orde do 11 de xullo de 1996, pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, no seu artigo 3, dispón que a composición do comité axustarase ao establecido no Decreto 32/1996, e que os seus membros nomearanse por orde da conselleira de Sanidade.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confiren o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro; a Orde do 11 de xullo de 1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Subdirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios,

DISPOÑO:

Artigo único.-Cesan, por petición propia, como membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, as persoas que se citan no anexo desta disposición.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2006.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Persoas que cesan por petición propia como membros do CEIC de Galicia:

-Manuel Seijo Martínez, médico especialista en neuroloxía do Hospital do Salnés.

-Manuel Valladares Ayerbes, médico especialista en oncoloxía médica do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA