DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 28 de xullo de 2006 Páx. 12.035

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 119/2006, do 28 de xullo, polo que se encarga o despacho de asuntos da Consellería de Sanidade, durante a ausencia da súa titular, ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Con motivo da ausencia da conselleira de Sanidade é necesario prover a súa substitución.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia da conselleira de Sanidade, encárgaselle o despacho de asuntos da citada consellería, desde o día 28 de xullo ata o 4 de agosto, ambos inclusive, ao titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, vinte e oito de xullo de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA