DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 27 de xullo de 2006 Páx. 11.992

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2006, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se comunican os lugares de publicación das listas definitivas de solicitudes admitidas e excluídas presentadas ao abeiro do punto sétimo, alínea a), da Resolución do 1 de abril de 2005, pola que se ordena a publicación do acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais do ensino privado concertado da Comunidade Autónoma de Galicia sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa.

Rematado o prazo de presentación de reclamacións previsto na Resolución do 26 de xaneiro de 2006 (DOG do 10 de febreiro), das solicitudes presentadas ao abeiro do punto sétimo, alínea a), da Resolución do 1 de abril de 2005, pola que se ordena a publicación do acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais do ensino privado concertado da Comunidade Autónoma de Galicia sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos das súas delegacións provinciais, así como na páxina web desta con

sellería, as listas definitivas de solicitudes admitidas e excluídas presentadas ao abeiro do punto sétimo, alínea a), da citada Resolución do 1 de abril de 2005.

Segundo.-Informar de que contra esta resolución cabe recurso de alzada, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2006.

María José Pérez Mariño

Directora xeral de Ordenación

e Innovación Educativa