DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 27 de xullo de 2006 Páx. 11.988

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 117/2006, do 13 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2006/2007.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, establece no seu artigo 81.3º b) que lle corresponde á comunidade autónoma fixar as taxas académicas polos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario, dentro dos límites que a nivel estatal estableza o Consello de Coordinación Universitaria do MEC. Para os restantes estudos serán fixados polo Consello Social, artigo 81.3º c) da respectiva universidade, e de acordo co disposto na Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, no seu artigo 4 e).

A Lei 8/1989, do 13 de abril (BOE do 15 de abril), de taxas e prezos públicos, outórgalle ás referidas taxas a consideración de prezos públicos. Pola súa parte a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 43 que se entende por prezos públicos.

Neste contexto normativo, este decreto fixa os importes que pagará o alumnado polos estudos conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez nacional no ensino universitario, dentro dos límites que fixe o Consello de Coordinación Universitaria, que este ano, na sesión das súas comisións mixta e de coordinación, celebradas o 30 de maio de 2006 (BOE nº 138, do 10 de xuño), fixou, para o curso 2006-2007, o límite mínimo de aumento dos prezos académicos e demais dereitos polos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios oficiais na porcentaxe de incremento do IPC, definido no período que vai do 30 de abril de 2005 ao 30 de abril de 2006, e o límite máximo no IPC incrementado en 4 puntos. Os prezos públicos dos novos estudos universitarios de posgrao regulados polo Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro, modificado polo Real decreto 1509/2005, do 16 de decembro, estableceranse entre 13 e 28 euros o crédito. Excepcionalmente as comunidades autónomas poderán

modificar o límite superior ata un máximo equivalente ao 30% do custo.

Tendo en conta as previsións macroeconómicas xerais para Galicia, e a distinción entre ensinanzas renovadas e non renovadas, así como a diferenza entre o prezo da 1ª e 2ª matrícula fronte ao prezo da 3ª e sucesivas matrículas (Decreto 263/1993, do 28 de outubro), e ao abeiro do establecido no artigo 47 da Lei de Galicia 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, cómpre fixar os prezos correspondentes ao ano académico 2006-2007 polos estudos universitarios conducentes a títulos oficiais, incrementando os prezos do curso pasado na contía correspondente á suba do IPC estatal determinado entre o 30 de abril de 2005 e o 30 de abril de 2006 máis 1,1 puntos (é dicir, o 5%).

Por todo o que antecede, en virtude das atribucións que me confire a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Universidades e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de xullo de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

1. Os prezos que se pagarán no curso 2006/2007 polos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no sistema universitario de Galicia, serán os establecidos segundo as normas deste decreto na contía que se sinala no anexo.

2. O importe dos prezos por estudos conducentes a títulos ou diplomas que non teñan carácter oficial será fixado nas universidades galegas polo seu respectivo Consello Social, de conformidade co establecido no artigo 81.3º c) da Lei orgánica 6/2001, de universidades e a Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, no seu artigo 4 e).

Artigo 2º.-Modalidades de matrícula.

1. Ensinanzas non renovadas. Os prezos públicos establecidos no punto 1.1 da tarifa primeira do anexo deste decreto poderán aboarse por curso completo ou por materias. As materias poderán ser anuais ou cuadrimestrais, de acordo co establecido pola universidade, en función do número de horas lectivas que figure nos plans de estudos. O importe do prezo aplicable para as materias cuadrimestrais será a metade do establecido para as anuais.

2. Ensinanzas renovadas. No caso de ensinanzas renovadas os prezos públicos establecidos no punto 1.2 da tarifa primeira do anexo deste decreto poderán aboarse por curso completo ou por materias. Neste último caso, o importe das materias calcularase de conformidade co número de créditos asignado a cada unha delas e o prezo establecido para o crédito.

3. Cando un alumno/a se matricule nunha mesma materia ou disciplina por terceira ou posteriores veces, o importe correspondente á devandita disciplina verase incrementado nun 25%.

Artigo 3º.-Matrícula de materias soltas.

1. O alumnado poderá matricularse de materias soltas con independencia do curso a que estas correspondan, excepto cando se establezan incompatibilidades académicas pola universidade.

2. O importe do prezo establecido para cada disciplina solta será diferente segundo que o curso ao que corresponda estea constituído por menos de sete materias anuais ou por sete ou máis materias anuais. Para estes efectos unha disciplina anual será equivalente a dúas cuadrimestrais.

3. O exercicio do dereito de matrícula establecido no parágrafo anterior non obrigará a modificación do réxime de horarios xerais determinados en cada centro de acordo coas necesidades dos seus plans de estudo.

4. Non obstante o establecido nos artigos anteriores, o alumnado que empece os seus estudos de ensinanzas renovadas ou non renovadas, deberá matricularse do

primeiro curso completo, coa excepción dos casos en que sexan validadas materias do dito primeiro curso.

Artigo 4º.-Matrícula en créditos de libre elección.

Os créditos correspondentes a libre elección serán aboados de acordo coa tarifa establecida para a titulación que se pretende obter, con independencia do departamento ou centro onde se cursen os ditos créditos.

Artigo 5º.-Programas oficiais de posgrao.

Os prezos que haberá que aboar pola matrícula en másters oficiais son os que figuran na tarifa primeira do anexo. Excepcionalmente, naqueles másters que requiran custos moi elevados para o seu desenvolvemento, a comunidade autónoma poderá autorizar un incremento de ata un máximo do 30% do custo do máster, logo de informe que xustifique a excepcionalidade.

A liquidación dos prezos farase en función do número de créditos nos que se realice a matrícula. As universidades poderán establecer un número mínimo de créditos para a formalización da matrícula, así como estruturala por módulos ou por materias.

Artigo 6º.-Pagamento dos prezos públicos.

As universidades galegas, na resolución reitoral na que se establezan os prazos de matriculación do alumnado, fixarán os prazos correspondentes para efectuar a liquidación e o pagamento dos prezos públicos universitarios e máis o seu fraccionamento, de ser o caso.

O feito de non facer efectivo o pagamento dos prezos públicos universitarios ou de calquera dos seus fraccionamentos nos prazos establecidos na resolución reitoral, poderá comportar a suspensión temporal dos dereitos do alumnado, sen prexuízo da exixencia dos importes correspondentes polo procedemento de constrinximento sobre o patrimonio do obrigado ao pagamento, consonte coa normativa vixente.

Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, as universidades exixirán o pagamento das cantidades pendentes por matrículas de cursos académicos anteriores, como condición previa de matrícula ou de expedición de títulos ou certificados.

Artigo 7º.-Centros adscritos.

O alumnado dos centros adscritos aboaralle á universidade, en concepto de expediente académico e de proba de avaliación, o 25% dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo, sen prexuízo do establecido no correspondente convenio. Os demais prezos aboaranse na contía íntegra prevista.

Artigo 8º.-Adaptación a novos plans de estudo, validación de estudos e acreditación de competencias nos programas oficiais de posgrao.

1. A adaptación de estudos é o acto administrativo polo que se lle recoñece validez académica aos estudos conducentes á obtención dunha mesma titulación oficial e cursados consonte un plan de estudos. Esta adaptación será gratuíta se provén de centros públicos. No caso de centros non públicos ou centros estranxeiros, aboaráselle á universidade o 25% dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo.

2. A validación de estudos é o acto administrativo polo que se lles recoñece validez académica aos estudos conducentes á obtención doutra titulación oficial distinta á cursada, debendo aboar sempre á universidade o 25% dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo.

3. Nos programas oficiais de posgrao, os prezos que se van aboar pola acreditación de competencias serán o 25% dos prezos establecidos no anexo.

Artigo 9º.-Bolsas.

De conformidade co establecido no artigo 3.1º do Real decreto 2298/1983, do 28 de xullo (BOE do 27 de agosto), polo que se regula o sistema de bolsas e outras axudas ao estudo de carácter personalizado, o alumnado que reciba unha bolsa de estudos con cargo aos orzamentos xerais do Estado non estará obrigado a pagar o prezo polos servizos académicos.

O alumnado que, no momento de formalizar a matrícula, tivese solicitada a concesión dunha das bolsas de estudos xerais convocadas polo MEC, deberá liquidar a contía total do prezo público e solicitar a exención do seu pagamento. O ingreso do prezo público liquidado quedará en suspenso ata o momento no que se produza a notificación ou a publicación da concesión ou denegación da bolsa. No primeiro caso, a exención producirá os seus efectos desde a data da solicitude. No caso de denegación, a súa notificación abrirá o prazo de ingreso en voluntaria do prezo público liquidado, nos prazos establecidos na resolución reitoral. Se transcorrido este período, a débeda non se fixese efectiva, exixirase polo procedemento de constrinximento, de acordo coa normativa vixente.

Artigo 10º.-Matrículas de honra.

As bonificacións correspondentes á aplicación dunha ou varias matrículas de honra, levaranse a cabo, logo de facer o cálculo do importe total da matrícula, e no caso das ensinanzas renovadas, aplicaranse ao número de créditos correspondentes á disciplina ou materias nas que obtivo a matrícula de honra.

O alumnado con matrícula de honra global en 2º curso de bacharelato ou con premio extraordinario no bacharelato terá dereito, durante o primeiro ano e por unha soa vez, á exención total do pagamento dos prezos públicos por matrícula.

Artigo 11º.-Materias sen docencia.

No caso das materias de plans de estudos con dereito a exame pero nas que non se imparte xa docencia, pagarase por crédito ou disciplina, segundo corresponda, o 25% dos prezos da tarifa ordinaria.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de xullo de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Tarifa primeira. Actividade docente

1.1. Ensinanzas non renovadas.

Primeira

e segunda

matrícula

Terceira

e sucesivas

matrículas

Epígrafe A)

Curso completo733,98 A

Disciplina anual dun curso de menos de 7 materias190,83 A238,55 A

Disciplina anual dun curso de 7 ou máis materias126,32 A157,89 A

Epígrafe B)

Curso completo518,40 A

Disciplina anual dun curso de menos de 7 materias132,20 A165,24 A

Disciplina anual dun curso de 7 ou máis materias88,12 A110,17 A

Epígrafe A)

Licenciado/a en farmacia

Licenciado/a en bioloxía

Licenciado/a en matemáticas

Licenciado/a en ciencia e tecnoloxía dos alimentos

Licenciado/a en física

Licenciado/a en química

Licenciado/a en medicina

Epígrafe B)

Outros estudos de ensinanzas non renovadas conducentes a títulos oficiais de primeiro e segundo ciclo, distintos dos especificados na epígrafe A)

Licenciado/a en odontoloxía
Licenciado/a en veterinaria
Licenciado/a en informática
Licenciado/a en ciencias do mar
Licenciado/a en belas artes
Licenciado/a en ciencias da actividade física e do deporte
Licenciado/a en mariña civil
Arquitecto/a
Enxeñeiro/a
Arquitecto/a técnico/a
Enxeñeiro/a técnico/a
Diplomado/a en enfermaría
Diplomado/a en fisioterapia
Diplomado/a en terapia ocupacional
Diplomado/a en informática
Diplomado/a en óptica e optometría
Diplomado/a en mariña civil

1.2. Ensinanzas renovadas (prezo dun crédito).

Primeira

e segunda

matrícula

Terceira

e sucesivas

matrículas

Epígrafe A)12,23 A15,29 A

Epígrafe B)8,64 A10,80 A

Epígrafe A)

Licenciado/a en farmacia

Licenciado/a en bioloxía

Licenciado/a en matemáticas

Licenciado/a en ciencia e tecnoloxía dos alimentos

Licenciado/a en física

Licenciado/a en química

Licenciado/a en medicina

Epígrafe B)

Outros estudos de ensinanzas renovadas conducentes a títulos oficiais de primeiro e segundo ciclo, distintos dos especificados na epígrafe A)

Licenciado/a en odontoloxía
Licenciado/a en veterinaria
Licenciado/a en ciencias do mar
Licenciado/a en belas artes
Licenciado/a en comunicación audiovisual
Licenciado/a en ciencias da actividade física e do deporte
Licenciado/a en máquinas navais
Licenciado/a en náutica e transporte marítimo
Arquitecto/a
Enxeñeiro/a
Arquitecto/a técnico/a
Enxeñeiro/a técnico/a
Diplomado/a en enfermaría
Diplomado/a en fisioterapia
Diplomado/a en podoloxía
Diplomado/a en logopedia
Diplomado/a en terapia ocupacional
Diplomado/a en óptica e optometría
Diplomado/a en máquinas navais
Diplomado/a en navegación marítima

Tarifa primeira. Actividade docente

1. Estudos conducentes ao título de doutor/a

Estudos conducentes a un título de doutor/a con denominación correspondente a un dos títulos especificados na epígrafe A)45,93 A/crédito

Estudos conducentes a un título de doutor/a con denominación correspondente a un dos títulos especificados na epígrafe B)32,41 A/crédito

Titoría anual de doutoramento177,00 A

2. Estudos conducentes ao título de máster oficial

Estudos conducentes a un título de máster con denominación correspondente a un dos títulos especificados na epígrafe A)26,15 A/crédito

Estudos conducentes a un título de máster con denominación correspondente a un dos títulos especificados na epígrafe B)17,77 A/crédito

3. Estudos de especialidades

Estudos de especialidades médicas que non precisen formación hospitalaria do parágrafo 3º do anexo do Real decreto 127/1984, do 11 de xaneiro, en unidades docentes acreditadas29,69 A/crédito

Estudos de especialidades en enfermaría en unidades docentes acreditadas, consideradas no Real decreto 992/1987, do 3 de xullo7,58 A/crédito

Estudos das especialidades de farmacia, análises clínicas, en escolas profesionais recoñecidas segundo o Real decreto 2708/1982, do 15 de outubro29,69 A/crédito

Tarifa segunda. Avaliación e probas

1. Probas de aptitude de acceso á universidade58,75 A

2. Certificado de aptitude pedagóxica171,90 A

3. Curso de iniciación e orientación para maiores de 25 anos87,66 A

4. Realización de requisitos formativos complementarios para a homologación de títulos estranxeiros de educación superior:
a) Proba de aptitude / proba de conxunto107,53 A
b) Período de prácticas correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe A)12,23 A/crédito
c) Período de prácticas correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe B)8,64 A/crédito
d) Proxecto ou traballo107,53 A
e) Cursos tutelados correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe A)12,23 A/crédito
f) Cursos tutelados correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe B)8,64 A/crédito

5. Proxectos fin de carreira108,05 A

6. Exame para o grao de licenciado/a108,05 A

7. Exame para o grao de doutor/a108,05 A

8. Cursos e exame de reválida/tese de licenciatura nas escolas sociais108,05 A

9. Obtención por validación do título de diplomado/a en escolas universitarias

a) Por avaliación académica e profesional conducente á devandita validación

108,05 A
b) Por traballos exixidos para a dita validación179,93 A

10. Homologación ao título/grao español de posgrao oficial estranxeiro (máster ou doutor/a)103,95 A

Tarifa terceira. Títulos e secretaría

1. Expedición de títulos académicos
a) Doutor/a168,96 A
b) Licenciado/a, arquitecto/a ou enxeñeiro/a113,60 A
c) Diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a55,46 A
d) Suplemento europeo ao título70,98 A
e) Licenciado/a, arquitecto/a ou enxeñeiro/a máis suplemento europeo ao título123,05 A
f) Diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a máis suplemento europeo ao título84,29 A
g) Diploma de estudos avanzados54,60 A
h) Duplicados de títulos universitarios oficiais25,92 A

2. Secretaría
a) Apertura de expediente académico ao comezar os estudos20,59 A
b) Certificacións académicas e traslados de expediente académico20,59 A
c) Expedición e mantemento de tarxetas de identidade4,42 A
d) Solicitude de equivalencia de estudos estranxeiros25,00 A