DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 27 de xullo de 2006 Páx. 11.986

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2006 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 20 de xullo de 2006, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Presidencia da Xunta de Galicia.

As necesidades organizativas e funcionais da Presidencia da Xunta de Galicia fan necesaria a modificación da súa actual relación de postos de traballo.

En consecuencia, por proposta da Presidencia da Xunta de Galicia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da comunidade autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de xullo de dous mil seis, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modificar a relación de postos de traballo da Presidencia da Xunta de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da dita publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte de xullo de dous mil seis, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Presidencia da Xunta de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza