DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 24 de xullo de 2006 Páx. 11.857

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 18 de xullo de 2006 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión de axudas para o fomento da mellora da calidade na comercialización de produtos silvícolas, convocadas pola Orde do 1 de febreiro de 2006.

Pola Orde do 1 de febreiro de 2006 establecéronse as bases reguladoras das axudas para o fomento da mellora da calidade na comercialización de produtos silvícolas e convocáronse para o ano 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 27, do 8 de febreiro).

No artigo 7º, relativo á distribución do orzamento, detállase a aplicación orzamentaria e o importe económico previsto para ela nas anualidades de 2006 e 2007. Tendo en conta o elevado número e dimensión das solicitudes de axuda que se recibiron e a necesidade dun maior financiamento, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente, coa finalidade de poder amparar as solicitudes de axuda presentadas, sempre que cumpran co establecido na orde desta consellería citada anteriormente.

En virtude do exposto, de conformidade co artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase a dotación orzamentaria da aplicación orzamentaria 11.06.614C.770.0 que se recolle na orde desta consellería, do 1 de febreiro de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 27, do 8 de febreiro), pola que se convocan para o ano 2006 as axudas para o fomento da mellora da calidade na comercialización de produtos silvícolas, nun total de 1.943.451 euros, tal e como se especifica a seguir:

a) A anualidade de 2006 increméntase en 764.323,81 euros.

b) A anualidade de 2007 increméntase en 1.179.127,19 euros.

Segundo.-Tamén se poderán utilizar outros remanentes adicionais que puidesen existir na mesma aplicación. En todo caso, a concesión da axuda para o fomento da mellora da calidade na comercialización de produtos silvícolas estará condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente e limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 1 de febreiro de 2006.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2006.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural