DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 24 de xullo de 2006 Páx. 11.842

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de xullo de 2006 pola que se incorpora o importe recibido do Ministerio de Educación e Ciencia para cofinanciar o programa de gratuidade de libros de texto e materiais curriculares en centros sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos para o curso escolar 2006/2007.

Por Orde do 23 de maio de 2006 (DOG do 31 de maio), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca e regula o programa de gratuidade de libros de texto e materiais curriculares en centros sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos para o curso 2006/2007.

O artigo décimo quinto desta orde dispón que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria financiará o programa con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.323A.480.0 por importe de 10.366.471,00 euros para o ano 2006 e na contía de 518.323,55 euros para o ano 2007.

Non obstante, esta orde prevé a posibilidade de incorporar a cantidade transferida polo Ministerio de Educación e Ciencia para esta mesma finalidade para o curso 2006/2007.

Recibida a transferencia do Ministerio de Educación e Ciencia por un importe de 3.000.000 euros para o programa de gratuidade de libros de texto, é polo que esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Incorporar o importe de tres millóns de euros (3.000.000,00 A) transferidos polo Ministerio de Educación e Ciencia para cofinanciar o programa de gratuidade de libros de texto e materiais curriculares en centros sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos para o curso escolar 2006/2007, de acordo co establecido no artigo décimo quinto da Orde do 23 de maio de 2006 (DOG do 31 de maio).

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria