DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 21 de xullo de 2006 Páx. 11.774

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 14 de xullo de 2006 pola que se modifica o Regulamento da denominación de orixe Ribeira Sacra e do seu consello regulador.

Por Orde da Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes, do 3 de setembro de 1996, aprobouse o Regulamento da denominación de orixe Ribeira Sacra e do seu consello regulador, para os viños producidos nesa comarca vitivinícola. Posteriormente este regulamento foi modificado polas ordes do 9 de xullo de 1997 e do 29 de agosto de 2002.

Co paso dos anos esta denominación de orixe foi medrando de xeito ordenado, o que lle permitiu acadar no momento actual un importante desenvolvemento das súas estruturas produtivas, tanto do sector vitícola como do industrial, así como unha notable presenza no mercado.

Porén, o paso deste período de tempo aconsella tamén realizar cambios puntuais no regulamento da denominación para adaptalo ás condicións produtivas e do mercado actuais, modificando, en concreto, a relación de variedades de uva aptas para a vinificación así como os tipos de viño protexidos.

En consecuencia, tras a petición do consello regulador, e de conformidade co artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícanse os artigos 5 e 12 do Regulamento da denominación de orixe Ribeira Sacra e do seu consello regulador, aprobado pola Orde do 3 de setembro de 1996, da Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes, que quedan redactados do seguinte xeito:

«Artigo 5º.

1. A elaboración dos viños protexidos realizarase exclusivamente con uvas das seguintes variedades:

a) Preferentes:

Brancas: Loureira, Treixadura, Godello, Dona Blanca, Albariño e Torrontés

Tintas: Mencía, Brancellao e Merenzao.

b) Autorizadas:

Tintas: Sousón, Caíño tinto, Garnacha tintureira, Mouratón (Negreda) e Tempranillo.

2. O consello regulador poderá propoñerlle á consellería competente en materia de agricultura que se autoricen novas variedades, logo dos ensaios e experiencias convenientes e tras comprobar que producen mostos de calidade aptos para a elaboración de viños protexidos, determinándose en cada caso a súa inclusión como preferente ou como autorizada.

Artigo 12º

Os tipos de viño amparados pola denominación de orixe Ribeira Sacra e as características que deben reunir son os seguintes:

1. Tipos.

1.1. Serán Ribeira Sacra Súmmum:

a) Os tintos elaborados, como mínimo, cun 85% dunha das variedades tintas preferentes.

b) Os tintos elaborados, como mínimo, cun 85% de variedades tintas preferentes, sendo a variedade mencía, polo menos, un 60% do total.

c) Os brancos elaborados coas variedades brancas preferentes.

1.1. Serán Ribeira Sacra:

a) Os tintos elaborados, como mínimo, cun 70% de variedades tintas preferentes.

b) Os súmmum que no acaden os niveis analíticos ou organolépticos exixidos para esa mención.

Só poderán facer referencia ás variedades os viños Ribeira Sacra Súmmum. Cando se mencione unha única variedade, o viño deberá estar elaborado cun 85%, como mínimo, desa variedade.

2. Características analíticas:

TiposGrao alcohólico adquirido mín. (%)Acidez volátil real máx. (g/l), en Ac. acéticoAcidez total mín. (g/l tartárico)Acidez total máx. (g/l tartárico)Sulfuroso total máx. (g/l)

Tinto Ribeira Sacra Súmmum110,654,56,5120

Branco Ribeira Sacra Súmmum110,654,57140

Ribeira Sacra100,704,57160

Para os parámetros analíticos non recollidos neste artigo terase en conta a lexislación xeral.

3. Características organolépticas.

Os viños amparados por esta denominación deben manter en todo momento como atributo fundamental a súa xuventude, tanto en cor como en aroma e sabor.

4. Aqueles viños que, ao xuízo do consello regulador, non presenten as características fixadas neste

artigo, non poderán ser amparados pola denominación de orixe Ribeira Sacra».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2006.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural