DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 21 de xullo de 2006 Páx. 11.772

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2006 pola que se conceden as axudas para o ano 2006 da liña de incorporación estable do Programa de incentivación da incorporación e intensificación da actividade investigadora na Comunidade Autónoma de Galicia con destino aos centros de I+D sen ánimo de lucro convocadas na Orde do 12 de abril de 2006 (Diario Oficial de Galicia número 77, do 21 de abril), segundo a Orde do 26 de xaneiro de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras da liña de incorporación estable do Programa de incentivación da incorporación e intensificación da actividade investigadora na Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 24, do 3 de febreiro).

Por orde da Consellería de Innovación e Industria do 12 de abril de 2006 (DOG nº 77, do 21 de abril), abriuse o prazo de solicitudes para o ano 2006 da liña de incorporación estable do Programa de incentivación da incorporación e intensificación da actividade investigadora na Comunidade Autónoma de Galicia con destino aos centros de I+D sen ánimo de lucro convocadas na Orde do 12 de abril de 2006 (DOG nº 77, do 21 de abril), segundo a Orde do 26 de xaneiro de 2006 pola que se establecen as

bases reguladoras da liña de incorporación estable do Programa de incentivación da incorporación e intensificación da actividade investigadora na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 24, do 3 de febreiro).

Conforme o disposto no artigo 7 da orde de convocatoria e artigo 9 da orde de bases, procedeuse á revisión das solicitudes presentadas. As solicitudes definitivamente admitidas foron avaliadas pola Comisión de Avaliación establecida por resolución da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do 14 de xuño de 2006 pola que se nomean os membros da Comisión de Avaliación prevista na orde de bases do 26 de xaneiro de 2006 (DOG do 3 de febreiro).

En consecuencia, atendendo á proposta de resolución definitiva elaborada pola Comisión de Avaliación de acordo co establecido no artigo 7 da orde de convocatoria do 12 de abril de 2006 (DOG nº 77, do 21 de abril) e artigo 9 da orde de bases do 26 de xaneiro de 2006, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder as axudas aos centros de I+D sen ánimo de lucro que ofertan postos de traballo de carácter permanente, que se cubrisen mediante contrato ou nomeamento entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2005 por investigadores ou profesores-investigadores cunhas retribucións non infe

riores ás dun profesor/a titular de universidade ou categoría equivalente nos organismos públicos de investigación e que reúnan os requisitos establecidos nas alíneas a), b) e c) da orde da Consellería de Innovación e Industria do 12 de abril de 2006 (DOG nº 77, do 21 de abril), que a seguir se relacionan:

CENTRO I+DNOME1º APELIDO2º APELIDODNI

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELAMª CARMENBARCIELAALONSO36077893-R

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELAM. PILAR CALOMATA33255676-E

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELAMANUELFERNÁNDEZDELGADO76712824-G

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELAMARÍA J.FERNÁNDEZSANJURJO32760225-Z

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELAÁNGELGARCÍAVIDAL33281108-Q

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELAANTONIO JUANPAZOSCASTELOS32769419-P

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELARUBÉNVARELACALVIÑO76814411-T

Segundo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 12 de abril de 2006, suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Terceiro.-As axudas faranse efectivas mediante pagamentos parciais polos importes correspondentes a cada anualidade. Os ditos pagamentos parciais non poderán exceder do 80% da subvención concedida, consonte o establecido no artigo 16 punto dous do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para proceder aos pagamentos, os centros beneficiarios presentarán antes do 30 de outubro de cada ano a seguinte documentación xustificativa:

1. Certificado dos xerentes ou figuras equivalentes, responsables de persoal, co visto e prace do representante legal do organismo onde conste que a/s praza/s figura/n no/s correspondente/s cadro/s de persoal ou relación de posto de traballo do centro, e que fosen cubertas mediante contrato ou nomeamento entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2005 polas persoas que reúnan os requisitos reflectidos no artigo 2 da orde da convocatoria do 12 de abril de 2006 (DOG do 21 de abril) e no artigo 3 da orde de bases do 26 de xaneiro de 2006 (DOG do 3 de febreiro).

2. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. Declaración das axudas solicitadas ou concedidas polas distintas administracións públicas competentes ou polos seus organismos ou sociedades.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderá

interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2006.

Fernando X. Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria