DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 21 de xullo de 2006 Páx. 11.755

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de xuño de 2006 pola que se establece o número de unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, primaria e educación especial.

Por Orde do 27 de xuño de 2005 (DOG do 12 de xullo), establécese o número de unidades e os

postos de traballo docentes que corresponde prover por funcionarios do corpo de mestres nas escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria, colexios de educación especial, colexios rurais agrupados e centros públicos integrados.

Tendo en conta a modificación de unidades nun importante número de centros públicos nos que se imparte educación infantil e/ou educación primaria, resulta aconsellable a publicación da totalidade dos centros públicos dependentes desta consellería coas unidades e os correspondentes postos de traballo docentes dos mencionados niveis educativos.

En virtude do artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia que establece a competencia plena da Comunidade Autónoma para o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades no ámbito das súas competencias; e o Decreto 585/2005, do 29 de decembro (DOG do 9 de xaneiro de 2006), que establece a competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en toda a súa extensión.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Establecer o número de unidades e os postos de traballo docentes que corresponde prover polos funcionarios do corpo de mestres nos seguintes centros:

a) Escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (anexo I).

b) Colexios de educación especial (anexo II).

c) Colexios rurais agrupados (anexo III).

d) Centros públicos integrados (anexo IV).

Segundo.-Suprimir os centros que figuran no anexo V.

Terceiro.- Aos centros que como consecuencia das modificacións previstas nos puntos anteriores vexan incrementado o número de postos de traballo, apli

caráselles o establecido na Orde do 30 de marzo de 1992 (DOG do 21 de abril), pola que se regula a mobilidade dos funcionarios pertencentes ao corpo de mestres nos propios centros por incremento de postos de traballo.

Estes novos postos poderán ser solicitados polos profesores con destino definitivo no centro que conten coa oportuna habilitación e accedesen a este por concursos anteriores ao convocado no curso 1990/1991, sempre que non obtivesen novo posto de traballo nel como consecuencia doutros procesos de adscrición ou de mobilidade no propio centro; non obstante o anterior, poderanos solicitar os profesores que, estando en posesión da correspondente habilitación, estean adscritos a postos de traballo que se vexan afectados por diminución nun número máximo igual á redución de postos.

Así mesmo, aplicarase a Orde do 23 de xullo de 1991 (DOG do 19 de agosto), pola que se regula o sistema de provisión de prazas pertencentes ao corpo de mestres afectados polo traslado do seu posto de traballo como consecuencia da escolarización total ou parcial do alumnado noutro centro próximo.

Cuarto.-Queda derrogada a Orde do 27 de xuño de 2005 (DOG do 12 de xullo), pola que se establece o número de unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, primaria e educación especial.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltanse a Secretaría Xeral e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Os procesos de mobilidade regulados na Orde do 30 de marzo de 1992 (DOG do 21 de abril) que se produzan como consecuencia desta orde, desenvolveranse durante o mes de setembro de 2006 e terán efectividade do 1 de setembro de 2006.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria