DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 21 de xullo de 2006 Páx. 11.755

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 10 de xullo de 2006 pola que se resolve a cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados para os concellos da Comunidade Autónoma galega que conten con servizos de Policía local.

Por Orde do 22 de marzo de 2006 (DOG nº 67, do 5 abril), a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza anunciou medidas de apoio á Policía local de Galicia, consistentes na cesión de vehículos especialmente preparados para o exercicio das súas funcións.

Analizadas as solicitudes e a súa documentación por unha comisión de valoración presidida pola directora xeral de Administración local, elaborouse a correspondente proposta mediante acta motivada, e de conformidade co artigo 5 da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 06.08.624.0, programa 123.C, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2006 a cesión en propiedade dun vehículo equipado para uso da Policía local aos seguintes concellos:

Marca e modelo: Renault Megane Berlina Confort Expression 1,5 DCI 105 CV 5 portas.

Concello destinatarioNº de bastidor

A EstradaVF1BMSE0636151343

VilalbaVF1BMSE0636151342

Monforte de LemosVF1BMSE0636151341

BetanzosVF1BMSE0636151344

CambreVF1BMSE0636151333

BoiroVF1BMSE0636151332

CangasVF1BMSE0636151331

MarínVF1BMSE0636151330

AmesVF1BMSE0636151329

Marca e modelo: motocicleta Suzuki Burgman 125.

Concello destinatarioNº de bastidor

LalínVTTBP111100140411

CarballoVTTBP111100140412

Concello destinatarioNº de bastidor

SarriaVTTBP111100140413

PonteareasVTTBP111100140414

NigránVTTBP111100140415

RibadeoVTTBP111100140421

SanxenxoVTTBP111100140422

O PorriñoVTTBP111100140423

Segundo.-Notificarlles o contido desta resolución aos concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante acta subscrita polo secretario xeral desta consellería ou funcionario en que delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario, segundo establece o artigo 96 bis do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza