DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 20 de xullo de 2006 Páx. 11.610

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 13 de xullo de 2006 pola que se nomean os membros que integran a Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Á Comisión de Heráldica, creada polo Decreto 258/1992, do 10 de setembro, como órgano consultivo da Xunta de Galicia correspóndelle emitir informe vinculante nos procedementos de aprobación, modificación ou rehabilitación de brasóns ou bandeiras das entidades locais, así como as demais facultades que se lle atribuían regulamentariamente.

Mediante o Decreto 369/1998, do 10 de decembro, regúlanse a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia. Este decreto foi modificado polo Decreto 73/2006, do 20 de abril, co fin de adaptalo á nova estrutura e departamentos da Xunta de Galicia.

O artigo 8 do Decreto 73/2006, do 20 de abril, regula a composición e nomeamento dos membros da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia. De acordo coas letras a) e b) do citado decreto correspóndelle ao conselleiro/a con competencia en materia de Administración local a designación do vicepresidente e de catro vogais da Comisión de Heráldica.

Correspóndelle á Federación Galega de Municipios e Provincias a designación dun dos vogais da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, de acordo coa letra c) do citado artigo 8 do Decreto 73/2006, do 20 de abril.

Consonte o parágrafo segundo do artigo 8.1 do Decreto 73/2006, do 20 de abril, o nomeamento de todos os membros que forman parte da Comisión de Heráldica será efectuado polo conselleiro/a con competencias na materia.

En virtude de todo o exposto,

DISPOÑO:

Nomear como membros da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia as persoas que a seguir se relacionan:

-Como vicepresidente da Comisión, Carlos Acuña Rubio, diplomado en xenealoxía, heráldica e nobiliaria.

-Como vogal, Eligio Rivas Quintas, doutor en filoloxía románica.

-Como vogal, Francisco Fariña Busto, licenciado en xeografía e historia.

-Como vogal, José García Oro, doutor en teoloxía, historia eclesiástica e filosofía e letras.

-Como vogal, Miguel Pereira Figueroa, licenciado en filosofía e letras.

-Como vogal, José Manuel García Iglesias, catedrático de historia da arte, designado pola asociación de municipios e provincias máis representativas no territorio da comunidade autónoma.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza