DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 19 de xullo de 2006 Páx. 11.564

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 29 de xuño de 2006 pola que se convoca o Curso superior de dereito público.

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG nº 132, do luns, 10 de xullo de 2006, debe facerse a seguinte corrección:

-Na páxina 11.044, no punto 3. Destinatarios, onde di: «ademais de funcionarios de carreira ou persoal interino dos grupos A e B»; debe dicir: «ademais de funcionarios de carreira ou persoal interino dos grupos A, B, C ou D».

-Na páxina 11.044, no número 1 do punto 8, onde di: «que o/a interesado/a é funcionario/a de carreira ou persoal interino dos grupos A ou B»; debe dicir: «que o/a interesado/a é funcionario/a de carreira ou persoal interino dos grupos A, B, C ou D».

-Na páxina 11.045, no número 2.2 do punto 8, onde di: «que está ocupando praza dos grupos A ou B»; debe dicir: «que está ocupando praza dos grupos A, B, C ou D».

-Na páxina 11.046, no anexo II, onde di: «modelo de certificado para o persoal funcionario e interino dos grupos A ou B»; debe dicir: «modelo de certificado para o persoal funcionario e interino dos grupos A, B, C ou D».

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA