DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 19 de xullo de 2006 Páx. 11.560

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2006 pola que se publica a axuda concedida ao abeiro da Orde do 13 de maio 2005 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para a implantación de novas redes de telecomunicacións nos núcleos comarcais e rurais de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.

O Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, no seu artigo 78 establece que «Os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia, e nos termos que se fixen regulamentariamente, as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario ao que se imputen, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade ou finalidades da subvención». Esta obriga figura expresamente recollida no artigo 15 da orde de axudas do 13 de maio de 2005.

Co obxecto de cumprir o establecido nas citadas normas, e no uso das facultades que me foron conferidas

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas ao abeiro da citada orde, que se relacionan no anexo que se xunta a esta resolución, no que se especifican os seguintes datos:

Nome do beneficiario, finalidade, crédito orzamentario, anualidades e cantidade concedida.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2006.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria

ANEXO

Nome do beneficiario: R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.

Finalidade: implantanción de novas redes de telecomunicións nos núcleos comarcais e rurais de Galicia.

Crédito orzamentario: 10.04.712B.775.0.

Cantidade concedida 2005: 4.003.300 euros.

Cantidade concedida 2006: 9.000.000 euros.

Cantidade concedida 2007: 15.000.000 euros.

Cantidade concedida 2008: 10.996.700 euros.