DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 19 de xullo de 2006 Páx. 11.557

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 18 de xullo de 2006 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada con carácter temporal, desde as 23.00 horas do 19 de xullo de 2006 ata as 24.00 horas do día 20 de xullo de 2006 -25 horas-, e desde as 23.00 horas do 25 de xullo de 2006 ata as 24.00 horas do 27 de xullo de 2006 -49 horas-, no centro de traballo de Masa Galicia, S.A., Soluciona Q&M, Fergo Galicia, GR Siglo XXI, Obras y Servicios, S.L., Falcón Contratas y Seguridad da mina de Meirama.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece o dereito de folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses, malia limitar o seu exercicio para garantir os servizos esenciais da comunidade, entre os que está a subministración de electricidade.

O artigo 3 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, faculta o conselleiro competente por razón dos servizos esenciais afectados ante unha situación de folga para que, mediante orde, decida o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento deles, así como para determinar o persoal preciso para a súa prestación.

A CIG convocou unha folga con carácter temporal, desde as 23.00 horas do 19 de xullo de 2006 ata as 24.00 horas do día 20 de xullo de 2006 -25 horas-, e desde as 23.00 horas do 25 de xullo de 2006 até as 24.00 horas do 27 de xullo de 2006 -49 horas-, no centro de traballo da mina de Meirama, que pode ter incidencia na subministración de lignito pardo á central térmica de Meirama e na prestación dun servizo esencial como é a subministración de electricidade.

Polo tanto, cómpre determinar os servizos mínimos que se deben manter mentras dure a folga convocada no referido centro de traballo para garantir as debidas condicións de seguridade de persoas, bens e instalacións e asegurar o abastecemento de carbón á central térmica de Meirama.

Na súa virtude, oído o comité de folga e no uso das competencias que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Os servizos mínimos que se deberán manter mentras dure a folga anunciada con carácter temporal, desde as 23.00 horas do 19 de xullo de 2006 ata as 24.00 horas do día 20 de xullo de 2006 -25 horas-, e desde as 23.00 horas do 25 de xullo de 2006 ata as 24.00 horas do 27 de xullo de 2006 -49 horas- no centro de traballo de Masa Galicia, S.A., Soluciona Q&M, Fergo Galicia, GR Siglo XXI, Obras y Servicios, S.L., Falcón Contratas y Seguridad na mina de Meirama, titularidade de Lignitos de Meirama, S.A., serán os seguintes:

Centro de traballo de Soluziona O&M:

-1 supervisor por quenda (2T).

-1 xefe de equipo eléctrico.

-2 oficiais operadores de descarga de carbón en praia de vías por quenda (2T).

-1 oficial operador de pupitre.

Si durante a folga a mestura de carbón existente no parque baixase de 100.000 toneladas:

-3 operadores de máquina (Rotopala) (2T).

-1 xefe de equipo mecánico.

Centro de traballo de Masa Galicia, S.A..

a) Instalacións do parque de carbón:

2 oficiais mecánicos por quenda (5T).

2 oficiais eléctricos por quenda (5T).

1 oficial de limpeza por quenda (5T) .

b) Instalacións de mina:

1 oficial operador do recolledor por quenda (5T).

2 oficiais operadores de bombas por quenda (5T).

A estos postos haberá de sumarse un encargado común para as instalacións do parque de carbón e mina.

Si durante a folga existen problemas de calidade do carbón subministrado engadiríase:

1 oficial operador recolledor (5T).

A partir do terceiro día de folga, par garantizar o mantemento do servizo de bombeo será necesario engadir:

2 oficiais operadores de bomba por quenda (1T).

Ademais, si durante o transcurso da folga a mistura do carbón existente no parque baixase de 100.000 toneladas será necesario engadir nas instalacións da mina:

2 oficiais eléctricos por quenda (5T).

3 oficiais mecánicos por quenda (5T).

2 oficiais de limpeza por quenda (5T).

Centro de traballo de Fergo Galicia, S.A.

1 encargado de Fergo (2T).

1 maquinista pala CAT 980 (2T).

4 maquinistas de camión (2T).

1 mecánico (1T).

Si durante a folga a mestura de carbón existente baixase de 100.000 toneladas:

1 encargado de Fergo (2T).

2 maquinistas Retro (2T).

10 maquinistas Dumper (2T).

1 maquinista de Bulldozer (2T).

1 maquinista mixta -limpeza- (2T).

4 mecánicos (1T).

Si durante a folga se produce a descarga de cinzas xeradas pola central térmica:

1 maquinista pala (2T).

3 maquinistas de Volvo articulado (2T).

1 maquinista Bulldozer (2T).

Centro de traballo de Falcon Contratas y Seguridad.

4 traballadores por quenda (5T).

Centro de traballo G.R. Siglo XXI, Obras y Servicios, S.L.

2 operarios de limpeza.

Artigo 2º

O incumprimento da obriga de atender os servizos mínimos fixados nesta orde sancionarase de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 3º

O establecido nesta orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora do dereito de folga lles recoñece aos traballadores.

Disposición derradeira

Está orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2006.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24, do 3 de febreiro)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria