DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 19 de xullo de 2006 Páx. 11.557

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

DECRETO 115/2006, do 22 de xuño, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción: actuacións de seguridade viaria na estrada PO-200. Treito Laro-Aciveiro. (Clave PO/06/069.06).

Con data do 1 de xuño de 2006 o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aprobou o proxecto de construción: actuacións de seguridade viaria na estrada PO-200, treito: Laro-Aciveiro. Clave: PO/06/069.06.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia na seguridade viaria, xa que a construción deste paso a distinto nivel evitará os numerosos cruzamentos de vehículos, persoas e animais que se producen neste punto da estrada.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de xuño de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto de cons-

trución: actuacións de seguridade viaria na estrada PO-200, treito: Laro-Aciveiro. Clave: PO/06/069.06.

Santiago de Compostela, vinte e dous de xuño de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes