DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 19 de xullo de 2006 Páx. 11.555

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 28 de xuño de 2006 pola que se clasifica de interese industrial a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña, con domicilio nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Supostos de feito.

Primeiro.-Salvador Fernández Moreda, na súa condición de presidente do padroado da fundación, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Segundo.-A fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña, o día dez de maio de dous mil seis, ante o notario Francisco Manuel Ordóñez Arman co número de protocolo mil catrocentos oitenta e dous, polas seguintes entidades: Deputación Provincial da Coruña, Concello das Pon

tes de García Rodríguez, Concello de Cerceda, Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Unión Eléctrica Fenosa, S.A., Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama), Caixa de Aforros de Galicia, Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra (Caixanova), Endesa Cogeneracion y Renovables, S.A., Alarde Sociedad de Energia, S.A., Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, Emprego e Formación en Galiza (Forga).

Terceiro.-Segundo consta no artigo 6 dos estatutos, a fundación ten como fin principal a mellora e o aproveitamento dos recursos enerxéticos provinciais, así como a sensibilización das autoridades locais, as empresas e os cidadáns sobre a escaseza de recursos enerxéticos. Ademais, ten os seguintes fins:

a) Incentivar a difusión do uso racional da enerxía, dos recursos enerxéticos locais e das fontes renovables nos sectores de:

a) Produción de bens e servizos (Pemes e industria), en colaboración co Inega.

b) Administración pública en colaboración co Inega.

c) Sector doméstico.

b) Favorecer a diversificación, información e utilización óptimas das enerxías renovables.

c) Mellorar a seguridade enerxética.

d) Promover e manter o aforro enerxético.

e) Favorecer a integración dos obxectivos enerxéticos nos sectores ambientais e nos sectores produtivos locais

f) Protexer o medio e reducir o impacto da polución e uso da tecnoloxía

g) Reforzar e favorecer a investigación tecnolóxica sobre a enerxía.

Cuarto.-O padroado da fundación estará integrado por: Jesús Salvador Fernández Moreda, Antonio Salvador Lagares Pérez, Pablo Villamar Díaz e Raquel Jabares Fernández en representación da Deputación da Coruña, Víctor Guerreiro Pena en representación do Concello das Pontes de García Rodríguez, José García Liñares en representación do Concello de Cerceda, Xoán Ramón Doldán García e Juan José Álvarez Carril en representación do Instituto Enerxético de Galicia, Luis Ramiro Díaz López en representación de Unión Eléctrica Fenosa, S.A., José Álvarez Díaz en representación da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A., José Luis Pego Alonso e Carlos Palleiro Álvarez en representación de Caixanova, Manuel Luis Aguilar López e Andrés Cuns Rial en representación da Caixa de Aforros de Galicia, Manuel Gago Rodríguez en representación de Endesa Congeneración y Renovables, S.A., Diego Contreras Olmedo en representación de Alarde Sociedad de Energía, S.A., Fernando Gerardo Sabio Moroño en

representación da Fundación para a Orientación Profesional a Investigación e o Desenvolvemento Tec

nolóxico, Emprego e Formación en Galiza, Anxo Ramón Calvo Silvosa en representación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Luis Fernando Barral Losada en representación da Universidade da Coruña, Eduardo García-Rodeja Gayoso en representación da Universidade de Santiago de Compostela, e por Miguel López Crespo en representación da Unión de Consumidores de Galicia. De conformidade co establecido no artigo 17 dos estatutos desígnase presidente da fundación a Jesús Salvador Fernández Moreda, e vicepresidente a Pablo Villamar Díaz.

Quinto.-A Comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese industrial da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos exixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese industrial e a súa adscrición á Consellería de Innovación e Industria.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Terceiro.-Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día vinte e seis de xuño de dous mil seis.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeneral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar de interese industrial a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña adscribíndoa

á Consellería de Innovación e Industria que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES