DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 18 de xullo de 2006 Páx. 11.483

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, polo que se regula o Programa de vivenda en aluguer.

Advertido un erro no Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, polo que se regula o Programa de vivenda en aluguer, publicado no Diario Oficial de Galicia número 57, do 22 de marzo de 2006, procédese a efectuar a seguinte rectificación:

No artigo 6º 1 a) ao final do primeiro parágrafo onde di: «e, de ser o caso, no artigo 45 do real decreto antes referido», debe dicir: «e, de ser o caso, no artigo 43 do real decreto antes referido».