DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.403

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2006, da Dirección Xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, pola que se comunica a exposición ao público das listaxes provisionais das solicitudes presentadas para a contratación laboral temporal na Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades en distintas categorías profesionais, segundo o disposto na Resolución do 28 de novembro de 2005.

Seguindo co acordo acadado co Comité Interempresas o 18 de novembro de 2005, ao cal se facía referencia na Resolución do 28 de novembro de 2005 (DOG nº 240, do 16 de decembro de 2005), esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Exposición pública das listaxes.

Rematada a revisión da documentación presentada polos solicitantes nos taboleiros das dependencias da CRTVG, TVG, S.A. e RTG, S.A., sitos en Bando, San Marcos, así como na páxina da intranet http://portalcrtvg e na páxina web http://www.crtvg.es, exporase provisionalmente a relación baremada dos aspirantes, xunto cos criterios de baremación da formación acordados co Comité Interempresas o 10 de marzo de 2006.

Segundo.-Prazo de reclamacións.

A partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ábrese o prazo de 5 días hábiles para que os interesados poidan presentar as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas á puntuación outorgada na listaxe de referencia. O dito prazo iniciarase o día 15 de xullo de 2006 e rematará o vindeiro xoves, día 20 de xullo de 2006.

Terceiro.-Aclaracións.

Os aspirantes que presentan solicitude para varias categorías e conten con experiencia no sector da comunicación deberán acreditar a que categoría corresponde a dita experiencia, nos termos que establece a cláusula décimo quinta da Resolución do 28 de novembro de 2005, non podendo o mesmo período imputarse a máis de unha categoría.

Por outra banda, no coñecemento do idioma galego, considérase suficiente o título do curso de iniciación

para as seguintes categorías profesionais: almacenista, ordenanza, axudante de mantemento, especialista de montaxe, axudante de cámara e auxiliar de informativos. Para o resto das categorías é requisito o curso de perfeccionamento.

Segundo o acordo adoptado co Comité Interempresas o 21 de xuño de 2006, poderase acreditar o coñecemento do galego tanto no momento da presentación das solicitudes como no período de apertura das alegacións.

A documentación que se presenta deberá ser orixinal ou fotocopia compulsada do orixinal.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2006.

Benigno Sánchez García

Director xeral da Compañía de

Radio-Televisión de Galicia

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA

DE GALICIA, S.A.