DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase poxa para a contratación das seguintes obras, conforme coas características que se sinalan a continuación:

Anexo. Relación de obras.

Instalacións deportivas.

N,º; municipio; denominación; prazo de execución; clasificación do contratista; orzamento.

3; Celanova; polideportivo cuberta e pista descuberta no campo das Trigueirizas, fase 2ª; lei 10 meses; C-2-e; 1.248.710,22 euros.

4; O Irixo, pavillón polideportivo no Irixo; 12 meses; C-3-B; 700.000 euros.

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Ourense.

b) Dependencia: Negociado de Contratación.

2. Obxecto do contrato: a execución das obras sinaladas ao comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación: o que se sinala ao comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Ourense.

b) Enderezo: rúa Progreso, nº 32.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32003.

d) Teléfono: 988 38 51 81.

e) Fax: 988 38 51 84.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ao final do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

a) Clasificación: a sinalada na relación anterior.

b) Solvencia económica, financiera e técnica ou profesional: a solvencia económica, financeira xustificarase mediante informe dalgunha institución financeira ou bancaria. A solvencia técnica acreditarase mediante a relación das principais obras feitas nos últimos cinco anos, incluíndo importes, datas e beneficiarios públicos ou privados destas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil ou sábado, prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral das 9.00 ás 14.00 horas.

1º Entidade: Deputación Provincial de Ourense.

2º Enderezo: rúa Progreso, nº32.

3º Localidade e código postal: Ourense, 32003.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta. 10 días dende a apertura de plicas.

e) Non se admiten variantes aos proxectos aprobados.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación.

b) Enderezo: rúa Progreso, nº32.

c) Localidade: Ourense.

d) Data: segundo o prego de condicións.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Gastos dos anuncios: correrán por conta dos adxudicatarios.

11. Outras informacións: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares e nos proxectos.

Ourense, 5 de xullo de 2006.

O presidente

Rubricado