DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicataria: concello de Xinzo de Limia (Ourense).

2. Obxecto do contrato: concesión administrativa para a construción e explotación dun estacionamento para vehículos na praza do Concello e nas rúas Cruceiro e Curros Enríquez, da vila de Xinzo de Limia, incluíndose tamén o soar existente na parte traseira da casa do concello.

3. Prazo da concesión: 50 anos.

4. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación: non consta.

6. Garantías: provisional: 18.000 euros. Definitiva: 4% do orzamento das obras.

7. Presentación de propostas: no rexistro xeral do Concello de Xinzo de Limia, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, durante o prazo de 30 días naturais

que comezará a contar desde a publicación do anuncio de licitación no DOG.

8. Documentación que hai que presentar: a que se sinala na cláusula 11 do prego.

9. Apertura pública das ofertas: día seguinte hábil ao de finalización do prazo de presentación de propostas ás 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Obtención de información e documentación: Concello de Xinzo de Limia. Rúa Curros Enríquez, s/n. Teléfono: 988 55 01 11. Fax: 988 55 01 12.

Xinzo de Limia, 6 de xullo de 2006.

Isaac Vila Rodríguez

Alcalde