DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 15 de xuño de 2006, aprobou inicialmente o estudo de detalle que ten por obxecto configurar

novas aliñacións, rasantes e ordenación de volumes nun predio na r/ Rafael Baréz-Vosa, promovido por Viacor Inmobiliaria, S.L. e redactado pola arquitecta Ana B. Amado Pazos.

En cumprimento do que dispón o artigo 86.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente sométese á información pública durante o prazo de 20 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG; inserirase deseguido nun xornal da provincia así como no taboleiro de edictos do concello. Durante este prazo, os interesados poderán consultar o expediente na Unidade de Urbanismo e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudo de detalle determinará automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2º da citada Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a suspensión do otorgamento de licenzas no ámbito obxecto de ordenación para todos os usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Narón, 23 de xuño de 2006.

Juan Gato Díaz

Alcalde