DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria celebrada o día trinta de xuño de dous mil seis, aprobou inicialmente a modificación do Plan

Parcial do Sector do Solo Apto para Urbanizar (SAU Z-12)-Lendo redactado polo Grupo Taller de Arquitectos y Urbanistas La Coruña, S.L., solo urbanizable en réxime transitorio do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado polo pleno en sesión extraordinaria urxente de 30 de xuño de 2003.

E, en cumprimento do disposto no artigo 86.1º a), da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas modificacións derivadas da aprobación da Lei 15/2004, do 29 de decembro, sométese á información pública por prazo dun mes, estando á disposición de calquera persoa física o xurídica que queira examinalo e formular as alegacións pertinentes.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio notifícaselle o acordo a todos os propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar.

Lugar de exposición do expediente: secretaría (1ª andar casa consistorial).

Horario: das 10.00 ás 14.00 horas.

A Laracha, 30 de xuño de 2006.

José Manuel López Varela

Alcalde