DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CATOIRA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2006 pola que se abre o prazo de 20 días para a presentación de solicitudes na convocatoria dunha praza de aparellador.

Unha vez publicadas no BOP do día 13 de xuño de 2006 as bases reguladoras para a selección dunha praza de aparellador, ábrese o prazo de vinte días naturais de presentación de solicitudes, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Catoira, 16 de xuño de 2006.

Alberto García García

Alcalde