DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

ANUNCIO.

Faise público para os efectos do disposto no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas modificacións derivadas da Lei 15/2004, do 29 de decembro, que polo Pleno do Concello de Allariz, en sesión celebrada o 30 de xuño de 2006, aprobouse, por unanimidade, con carácter definitivo, un estudo de detalle correspondente á parcela nº 1 da Área de Repartición nº 146 do PXOM de Allariz, promovido por Celta Casa,

S.L., con CIF nº B-32345811, redactado polo arquitecto Rafael Nogueiras Mascarenhas.

Contra este acordo os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de aprobación no Diario Oficial de Galicia.

Faise constar, así mesmo, que, con esta mesma data remítense á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes unha copia autenticada de dous exemplares do estudo de detalle definitivamente aprobado con todos os planos e documentos que o integran debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Allariz, 4 de xullo de 2006.

Francisco García Suárez

Alcalde