DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2006, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncian concursos públicos, polo procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación das subministracións sucesivas de víveres; tubos de extracción de sangue por baleiro; bombas de infusión; preparado para prevención e tratamento de úlceras de presión e equipamentos de anestesia; material informático funxible e papel branco; agullas, xiringas e catéteres; cobertura cirúrxica, e batas cirúrxicas dun só uso. (Expediente C.P. 019/2006 e sete máis).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o artigo 5, punto 2 b) da Orde do 8 de maio de 2006 (DOG nº 99, do 25 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da consellería de Sanidade, pola que se delega a competencia na xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, para actuar como órgano de contratación, resolve convocar os concursos públicos 019/2006, 020/2006, 021/2006, 022/2006, 023/2006, 025/2006, 026/2006 e 027/2006, polo procedemento aberto e trámite urxente seguintes:

1. Obxecto e orzamento: a contratación das subministracións sucesivas dos expedientes especificados a seguir:

a) Subministración sucesiva de víveres: carnes e conxelados para o Hospital Montecelo, centro dependente do complexo, por un orzamento de cento sesenta e catro mil cincuenta e nove euros con cincuenta e cinco céntimos (164.059,55 euros), imposto sobre o valor engadido incluído (expediente 019/2006).

b) Subministración sucesiva de tubos de extracción de sangue por baleiro para os laboratorios do complexo, por un orzamento de cento corenta e tres mil catrocentos un euros (143.401 euros), imposto sobre o valor engadido incluído (expediente 020/06).

c) Subministración sucesiva de bombas de infusión para servizos médicos do complexo, por un orzamento de cento oitenta e seis mil cento dez euros (186.110 euros), imposto sobre o valor engadido incluído (expediente 021/2006).

d) Subministración sucesiva de preparado para prevención e tratamento de úlceras de presión e equipamentos de anestesia para servizos médicos do complexo, por un orzamento de setenta e nove mil seiscentos corenta e seis euros (79.646 euros), imposto sobre o valor engadido incluído (expediente 022/2006).

e) Subministración sucesiva de material informático funxible e papel branco DIN A4/3, con destino a servizos administrativos e asistenciales do complexo, por un orzamento de cento dez mil seiscentos noventa e tres euros con dezanove céntimos (110.693,19 euros), imposto sobre o valor engadido incluído (expediente 023/2006).

f) Subministración sucesiva de agullas, xiringas e catéteres con destino a servizos asistenciales do complexo, por un orzamento de cento sesenta e seis mil douscentos oitenta euros con noventa céntimos (166.280,90 euros), imposto sobre o valor engadido incluído (expediente 025/2006).

g) Subministración sucesiva de cobertura cirúrxica con destino a servizos médicos e de enfermaría do complexo, por un orzamento de douscentos dezasete mil catrocentos oitenta euros (217.480 euros), imposto sobre o valor engadido incluído (expediente 026/2006).

h) Subministración sucesiva de batas cirúrxicas dun só uso para o complexo, por un orzamento de setenta e tres mil trescentos vinte euros (73.320 euros), imposto sobre o valor engadido incluído (expediente 027/2006).

2. Prazo de execución: un ano, a partir da data de formalización do contrato.

3. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria poderán ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa no Hospital Provincial; r/ Loureiro Crespo, 2, 36001 Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9.00 ata as 14.00 horas, ou por teléfono: 986 80 71 03 ou fax: 986 80 70 52, durante o prazo de admisión das proposicións. Enderezo na internet: www.sergas.es.

4. Garantías: provisoria: o dous por cento do orzamento da licitación dos lotes aos cales concorran. Definitiva: o catro por cento do importe da adxudicación, que se constituirán conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

6. Solvencia técnica: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

7. Criterios de adxudicación: os especificados nos pregos de cláusulas.

8. Clasificación: non se exixen.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce (14.00) horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra, ás nove (9.00) horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achegar os licitadores: os documentos que figuran nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios: os importes dos anuncios destes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Pontevedra, 28 de xuño de 2006.

María Concepción Dolores Codesido López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra