DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación Sectorial de Criadores Avícolas de Galicia (Acriaga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou o 31 de maio de 2006, certificación expedida por Pablo García García, secretario da Asociación Sectorial de Criadores Avícolas de Galicia (Acriaga), onde se reflicte o acordo pola asemblea xeral extraordinaria, na reunión celebrada o día 12 de maio de 2006, e que consiste na modificación do domicilio social, que pasa a ser na rúa Doutor Maceira, nº 13, baixo, Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2006.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais