DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da organización sindical Sindicato de Médicos de Galicia (Simega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sin

dical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral, se recibiu o 1 de xuño de 2006, certificación expedida por Ángel Navarro Prieto, secretario xeral da organización sindical Sindicato de Médicos de Galicia (Simega), avalada co visto e prace do presidente, Cándido Andión Núñez, na cal se reflicte o acordo acadado pola asemblea xeral extraordinaria, na reunión celebrada o 6 de abril de 2006, e que consiste na modificación de diversos artigos dos estatutos.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2006.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais