DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación Profesional de Empresas Medioambientales (Aproema).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou o 1 de xuño de 2006, certificación expedida por María Jesús Pérez Vázquez, secretaria da Asociación Profesional de Empresas Medioambientales (Aproema), onde se reflicte o acordo acadado pola asemblea xeral, na reunión celebrada o 3 de maio de 2006, e que consiste na modificación dos artigos 2 e 6 dos estatutos da asociación.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2006.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais