DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Farmacéuticos Interinos de Galicia de Atención Primaria (Afigap).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Farmacéuticos Interinos de Galicia de Atención Primaria (Afigap), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os farmacéuticos interinos de atención primaria.

Asinan a acta de constitución: José Santaló Ríos, e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2006.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais