DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

ANUNCIO do 14 de xuño de 2006, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente PO-CN-2006/009.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola instrutora do procedemento.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta delegación provincial sita na rúa Benito Corbal 47, 5ª planta, de Pontevedra, en horario das 9.00 horas ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 14 de xuño de 2006.

P.A.

Marta Molíns Otero

Instrutora

ANEXO

Expediente: PO-CN-2006/009.

Interesado: Bernardino Crisóstomo Gómez.

Acto notificado: proposta de resolución.