DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

EDICTO do 9 de xuño de 2006, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores en materia de caza que se relacionan e de referencia OU-CAZ-0078/2006, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta noficación para que poida examinar o expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, de conformidade co establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolver o expediente é competente por razón da contía da multa segundo o anexo que se menciona, de conformidade co artigo 68 da Lei de caza de Galicia.

O pagamento voluntario poderá implicar terminación do procedemento sen prexuízo da posibilidade de interpoñer os recursos procedentes (artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993). O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso que lle será facilitado en calquera unidade administrativa da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

O que se comunica, de acordo coa normativa anteriormente citada, coa Lei 30/1992 e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, (BOE do 9 de agosto).

Ourense, 9 de xuño de 2006.

P.A.

Luis J. Ortiz Álvarez

Instrutor

Visto e prace

Celso Fernández López

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-CAZ- 2006/0078.

Denunciado: Germán Fernández Alonso.

DNI: 34603315E.

Último enderezo coñecido: lugar Ponte Liñares, Bande.

Feito denunciado: cazar nunha zona vedada do tecor societario de Paderne de Allariz.

Lugar: tecor de Paderne de Allariz.

Data proposta: 9 de xuño de 2006.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 58.1º da Lei de caza de Galicia.

Competencia de resolución (artigo 68): director xeral de Conservación da Natureza.

Sanción: 601,02 euros, e retirada da licenza de caza e inhabilitación para obtela durante un ano e un día.