DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

EDICTO do 17 de marzo de 2006, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores de caza que se relacionan e de referencia OU-CAZ-2006/0098, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por presunta infracción á Lei de caza 4/1997, do 25 de xuño (DOG nº 33, do 11 de xullo), ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de correos.

Noméase instrutor do expediente a Luis Juan Ortiz Álvarez, funcionario desta delegación que poderá ser obxecto de recusación segundo o disposto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación desta notificación para

que poida examinar o expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De non se efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme ao establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1992, do 4 de agosto, determinándose para este efectos os importes da sanción indicado no anexo.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolver o presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ao interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

Os expedientados teñen dereito a coñecer en calquera momento do procedemento o estado de tramitación en que se encontra o expediente e a acceder a el e obter copias dos documentos ou das informacións incluídas nel, tras o pagamento das taxas correspondentes, polo que se pon de manifesto o expediente durante o mesmo prazo que se citou con anterioridade.

Para resolver o expediente é competente por razón da contía da multa segundo o anexo que se menciona, de conformidade co disposto no artigo 68 da Lei de caza de Galicia.

De conformidade co artigo 8 do Regulamento do exercicio da potestade sancionadora, o pagamento voluntario polo imputado, en calquera momento anterior á resolución, poderá implicar igualmente a terminación do procedemento, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer os recursos procedentes. O importe da sanción, que en cada caso corresponda, farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso que lle será facilitado en calquera unidade administrativa da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

O que se comunica, de acordo coa normativa anteriormente citada, coa Lei 30/1992 e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, (BOE do 9 de agosto).

Ourense, 17 de marzo de 2006.

Celso Fernández López

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-CAZ-2006/0098.

Denunciado: José Luis Rodríguez Parada.

DNI: 76709400F.

Último enderezo coñecido: localidade de Vilaza, 32618 Monterrei, Ourense.

Feito denunciado: realizando batida autorizada. Non deixar o obrigatorio plano do tecor.

Lugar: Tecor Societario de Caza Monterrei, matrícula 10.181, concello de Monterrei.

Data incoación: 17-3-2006.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.28º da Lei de caza de Galicia 4/1997.

Competencia de resolución (artigo 68): delegado provincial desta consellería.

Sanción: multa de 60,10 A.