DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

CÉDULA do 9 de xuño de 2006, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución formulada pola instrutora do procedemento sancionador de animais domésticos e salvaxes en catividade. (Expediente CO-PAD-2006-0005).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publicar a proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG nº 75, do 22 de abril), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento

de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servizos múltiples-Monelos A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con todos os documentos que figuran no expediente, remitirase ao director xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 9 de xuño de 2006.

Manuel Tajes Gómez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-PAD-2006-0005.

Denunciado: Juan José Bouza Melotte.

Último enderezo coñecido: Vizus, nº 54, Centroña, Pontedeume.

Feitos denunciados: maltratar os seus cans non porporcionándolles o suficiente alimento.

Tipificación: artigo 22.1º a) da Lei 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 1.000 Ade multa.