DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2006, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da obra de selaxe do vertedoiro de RSU de Arzúa (A Coruña). (Expediente 102/2006) (cofinanciado con Feder).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato: obra de selaxe do vertedoiro de RSU de Arzúa (A Coruña) (expte. 102/2006).

Prazo de execución: tres (3) meses.

Orzamento base de licitación: cento oitenta e catro mil catrocentos setenta e dous euros e vinte e dous céntimos (184.472,22 A).

Garantía provisional: non se exixe.

Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría c) e grupo A, subgrupo 2, categoría c).

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: ata 6 puntos.

Programa de execución das obras: ata 5 puntos.

Delegado de obra: ata 4 puntos.

Plan de control de calidade da obra: ata 4 puntos.

Plan de utilización de equipos, maquinaria e medios auxiliares: ata 3 puntos.

Utilización de materiais reciclables ou produto de procesos de reciclaxe: ata 3 puntos.

Aspectos relativos á publicidade e difusión das obras: ata 3 puntos.

Melloras técnicas: ata 2 puntos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación de todas as obras.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Documentación e información.

4.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán estas contratacións estarán á disposición dos interesados, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistaría Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no seguinte enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=6857

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e que estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar, ao seguinte enderezo de correo electrónico: contratacion.cma*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan.

-Na epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa e número de teléfono.

4.2. Información: 981 54 17 49.

5. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

5.1. Data límite da presentación: as proposicións presentaranse, en días e horas hábiles, no prazo máximo de vinte e seis (26) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG; de coincidir o último día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de proposicións rematará o primeiro día hábil seguinte.

5.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 3.3. dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

5.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 17 50) no mesmo día.

6. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servizos centrais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en Santiago de Compostela, ás 12.00 horas do décimo cuarto día natural a partir do seguinte ao da finalización do prazo de presentación das proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

No caso de que o día de apertura coincida entre o día 1 e o 18 de agosto (ambos os dous inclusive), a apertura de proposicións admitidas terá lugar o día 23 de agosto ás 12.00 horas.

7. Gastos do anuncio: por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2006.

Jorge Antonio Santiso Blanco

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

e Desenvolvemento Sostible