DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2006, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de residuos CO-RES-2006-0071.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publicar o acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos (BOE nº 96, do 22 de abril), por non poder realizar a súa notificación.

Noméase instrutora do procedemento a Ana María Casas González e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, que poderán ser obxecto de recusación segundo o disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A resolución será acordada polo delegado provincial de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na Coruña, segundo o artigo 37.1º da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, en relación co artigo 45.2º a) da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, co Real decreto 167/1981, do 9 de xaneiro, de transferencias de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza, co Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia e co Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvmento Sostible.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao de publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de proba considere convenientes para a defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto), polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de inciación poderá ser considerado proposta de resolución.

Ao abeiro do disposto no artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña exclusivamente carácter pecuniario, o pagamento

voluntario polo imputado, en calquera momento anterior á resolución, porá fin ao expediente.

O prazo máximo para ditar resolución neste expediente é de seis meses a partir da data do acordo de incoación, segundo o establecido no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. De non ditarse resolución no devandito prazo e, ao abeiro do disposto no artigo 44.2º da lei antes mencionada, producirase a caducidade do expediente.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 19 de agosto).

A Coruña, 16 de xuño de 2006.

Manuel Tajes Gómez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2006-0071

Denunciado: José Antonio Vilas Gómez

Último enderezo coñecido: Couto de Iñás, nº 7-1º A, Oleiros.

Feitos denunciados: eliminación incontrolada de residuos mediante queima (pranchas de poliuterano).

Tipificación: Lei 10/1998, de residuos, artigo 34.4º c) en relación co artigo 34.3º b).

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 300 euros de multa.