DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2006, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de pesca CO-PES-2006-0011.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no

anexo se menciona que, con esta data, resolvín publicar o acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instrutora do procedemento a Ana María Casas González e secretaria a Ofelia Rivas Vázquez, funcionarias desta delegación, podendo promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial da Coruña, segundo o artigo 40 da Lei 7/1992 de pesca fluvial en concordancia co artigo 101 do seu regulamento.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao de publicación desta notificación, para achegar, por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de proba, considere convenientes para a defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º del Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá considerarse proposta de resolución.

Ao abeiro do disposto no artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á resolución poñerá fin ao expediente.

O prazo máximo para ditar resolución neste expediente é de seis meses a partir da data do acordo de incoación, segundo o establecido no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. De non ditarse resolución no devandito prazo e, ao abeiro do disposto no artigo 44.2º da lei antes mencionada, producirase a caducidade do expediente.

A Coruña, 16 de xuño de 2006.

Manuel Tajes Gómez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-PES-2006-0011.

Denunciado: José Gil Paz.

Último enderezo coñecido: r/ Padre Feijoo, nº 11-3º esquerda, Narón.

Feitos denunciados: non restituír ás augas 10 troitas de tamaño inferior ao regulamentario (entre 8 e 15 cm).

Tipificación: Lei 7/1992, de pesca fluvial, artigo 33.9º en relación co artigo 3 da Orde do 22-2-2006.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 60 euros de multa e 57,10 euros polos danos e perdas ocasionados.