DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2006, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de caza CO-CAZ-2006-0016.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publicar a resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 4/1997, do 25 de

xuño, de caza (DOG nº 133, do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción deberá ser ingresado unha vez esgotada a vía administrativa (utilizando o impreso de pagamento que se achegará coa notificación) en Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001, ou ben en Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX, no prazo establecido no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación:

-As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, dende a data de notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

-As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, dende a data de notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

De non facer o ingreso nese prazo, procederase sen máis trámite á súa recadación pola vía de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ao de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será executiva para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 16 de xuño de 2006.

Manuel Tajes Gómez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-CAZ-2006-0016.

Denunciado: Serafín Eduardo Santos Pose.

Último enderezo coñecido: Moreira, s/n, Muxía.

Feitos denunciados: non levar consigo, durante o exercicio da caza, a documentación preceptiva, aínda sendo titular dela.

Tipificación: Lei 4/1997, de caza de Galicia, artigo 57.4º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 61 euros de multa.