DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2006, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador en materia de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade OU-PAD-2005-0011.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publicar a resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Contra esta resolución caberá, de conformidade cos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2006.

Jorge Antonio Santiso Blanco

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

e Desenvolvemento Sostible

ANEXO

Procedemento sancionador: protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (Lei 1/1993, do 13 de abril).

Número de expediente: OU-PAD-2005-0011.

Interesado: Emilio González Álvarez.

Feitos denunciados: maltrato dos animais que lles cause dor ou lesións. Incumprir a obriga de identificar ao animal.

Contido da resolución: multa de 3.300 euros como responsable da infracción administrativa grave tipificada no artigo 21.1º a) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade. Infracción administrativa grave tipificada no artigo 13.2º b) da Lei 50/1999, do 23 de decembro.

Último enderezo coñecido: rúa Francisco González Rey, nº 47-4º, 32800 Celanova (Ourense).