DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2006, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato.

Contrato de consultoría e asistencia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral. Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación.

c) Número de expediente: 2006-14-00132.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia, procedemento negociado sen publicidade.

b) Descrición do obxecto: consultoría e asistencia para a actualización e mantemento da plataforma tecnolóxica para a xestión do produto mariño galego.

c) Lote: non hai división por lotes.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: sen publicidade.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado (210 b) TRLCAP).

c) Forma: sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 653.700 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 24-4-2006.

b) Contratista: Servicios de Auditoría y Consulting de Empresas, S.L. (SACE, S.L.).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 653.700 euros.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2006.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca e Asuntos

Marítimos