DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

EDICTO do 7 de xuño de 2006, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación de expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación de Borreal, A Tula e Tras Carril a favor dos veciños de Codosedo, da parroquia de Codosedo, no concello de Sarreaus (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Monte Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión que tivo lugar o 11 de maio de 2006, iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Concello: Sarreaus (Ourense).

Denominación do monte: monte de Borreal, A Tula e Tras Carril.

Comunidade veciñal solicitante: veciños de Codosedo, da parroquia de Codosedo, concello de Sarreaus.

Superficie: 10,34 ha, en total, aproximadamente.

O devandito monte está composto por tres predios resultantes da zona de concentración parcelaria de Bresmaus-Codosedo (Sarreaus) que se describen así:

* Predio nº 95, do plano xeral, ao sitio de Suborreal.

Superficie: 4, 33, 80 ha.

Lindeiros:

Norte: predio nº 96, de descoñecidos.

Sur: predio nº 91 de Josefa Nieto Castro; predio nº 92, de Gustavo Fuertes Pérez e outros, e predios nº 93 e 94, doutros propietarios.

Leste: camiño.

Oeste: predio nº 98 de Antonio López Lozano.

* Predio nº 149, do plano xeral, ao sitio da Tula.

Superficie: 140 m.

Lindeiros:

Norte: camiño.

Sur e leste: predio nº 150 de Manuel Losada Losada.

Oeste: predio nº 140 de Modesto Lozano Taboada.

* Predio nº 131, do plano xeral, ao sitio de Borreal.

Superficie: 3, 88, 65 ha.

Lindeiros:

Norte: predio nº 127 de Áurea Iglesias Lozano; predios nº 128 de Encarnación López Cid e predio nº 129, 130 e 133 doutros propietarios.

Sur: camiño

Leste: predio nº 132 de Matías Cajete Robles e outro e predio nº 848, de masa común.

Oeste: camiño.

* Predio nº 123 do plano xeral, ao sitio de Tras Carril.

Superficie: 2, 10, 20 ha.

Lindeiros:

Norte: canal.

Sur e leste: camiño.

Oeste: predio nº 122 de Manuela López Robles.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes así como achegar os documentos ou informacións que

xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 7 de xuño de 2006.

Xosé Rodríguez Cid

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Monte Veciñais en Man Común de Ourense