DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2006, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 06/35-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: modificado L.M.T. Ovenza-Outeiro (2001/127).

Situación: Piñor.

Características técnicas: na liña aérea a 20 kV Ovenza-Outeiro (expte. 2001/127) modifícase o tramo (235 m) entre o apoio anterior ao C.T. Outeiro e o apoio de paso a condución soterrada 127 m en cable R.H.Z. 12/20 kV ata o seguinte apoio, no cal pasa a áerea.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución;

tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 30 de maio de 2006.

Xosé Antón Jardón Dacal

Delegado provincial de Ourense